Bo día:
Xa estamos comezando unha nova semana, hoxe é luns 4 de maio.
Imos arrancar con un conto da colección Do berce á lúa que xa contamos e cantamos moitas veces na clase. Atentos!!
A primeira actividade vai ser ler o conto según van pasando as follas e por suposto cantalo.
Preparados?
Seguro o recordabades!
Pois eu propoño para este conto-canción as seguintes actividades:
- Buscar pola casa obxetos que estean colocados por enriba e outros que adoiten estar por abaixo a ver quen atopa máis!
- Escribir o título do conto
- Debuxar e poñer o nome de cada un dos obxectos que aparecen no libro: os de enriba os de abaixo, os do medio... Deixo un modelo por se o precisades: Modelo actividade
Como tódolos luns déixovos o enlace da profe Mari Paz para que vaiades facendo exercicio cando teñades gañas, ainda que agora xa podedes pasear ó aire libre!!
Isto é todo por hoxe, mañá máis cousiñas!!
Bicos e sede boiños!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario