venres, 19 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN

BO DÍA:


VENRES 19 DE XUÑO.
PASIÑO A PASIÑO CHEGAMOS O FINAL DESTE CURSO QUE COMA TODAS AS BOAS AVENTURAS TEN QUE REMATAR.
ESPERO QUE GARDEDES BOS RECORDOS DESTE PASO POR INFANTIL, AGORA TEDES QUE DISFRUTAR DO VERÁN E RECARGAR PILAS  PARA COMEZAR UNHA NOVA AVENTURA EN SETEMBRO. DAQUELA XA SEREDES CHICOS E CHICAS DE PRIMEIRO.


MOITA SORTE E MOITAS GRAZAS A VÓS E AS VOSAS FAMILIAS POR ACOMPAÑARME ESTES ÚLTIMOS 3 ANOS.
A HISTORIA  QUE DEIXO HOXE É REAL E TEN PROTAGONISTAS COÑECIDOS, XA VEREDES!!
ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMO A MIN E APROVEITO PARA DARLLE AS GRAZAS A LUCÍA POSTO QUE SEN ELA ESTA MONTAXE NON SERÍA POSIBLE.


ATA SEMPRE

xoves, 18 de xuño de 2020

MARA

BO DÍA:

XOVES, 18 DE XUÑO.
QUE POUQUIÑO FALTA PARA REMATAR ESTE CURSO TAN RARO. HOXE DÉIXOVOS UN CONTO PARA QUE PASEDES UN RATIÑO DIVERTIDO.
ORELLAS DE BOLBORETA



PERO QUE MAL SE PORTABAN OS NENOS CON MARA! VÓS SABEDES QUE ISO NON SE DEBE FACER!

AGORA XOGAMOS!!




 E PARA REMATAR CANTAMOS EN INGLÉS


NADA MÁIS POR HOXE!!
BICOS ENORMES!!

mércores, 17 de xuño de 2020

ORUGAS

BO DÍA:

CHEGAMOS Ó MÉRCORES, 17 DE XUÑO.
POIS HOXE TOCA UN CONTO QUE TODOS E TODAS COÑECEDES E CO QUE APRENDEMOS COMO NACE UNHA BOLBORETA.
LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA



REPASAMOS OS DÍAS DA SEMANA, O NOME DAS FROITAS E VEMOS COMO UN PEQUENO OVO SE CONVIRTE EN BOLBORETA.

AGORA IMOS SUMAR E RESTAR



E SE QUEREDES FACER UNHA ORUGA COMA DO CONTO AÍ VOS DEIXO UNHA MOI SINXELA: CORTAR TIRAS DE PAPEL E ENVOLVELAS, PEGAR E FACERLLE A FOLLIÑA!!

E REMATAMOS CANTANDO !!!

OS NOSOS RATIÑOS QUEDARON BEN GARDADOS PARA QUE NON OS COMA  NINGÚN GATO!!

BICOS A TOD@S!!!

martes, 16 de xuño de 2020

É HORA!!

BO DÍA:

HOXE MARTES, 16 DE XUÑO.
DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN PARA IR APRENDENDO AS HORAS DO RELOXO, BUENO... DE  SEGURO QUE ALGÚNS E ALGUNHAS XA AS SABEDES.
LA CANCIÓN DE LAS HORAS



AGORA IMOS SEGUIR PRACTICANDO CUN XOGO. MOITA ATENCIÓN.


E POR ÚLTIMO, SE VOS APETECE PODEDES CONSTRUÍR UN RELOXO PARA IR APRENDENDO BEN AS HORAS. É MOI SINXELO, DEIXO UN MODELO POR SE O NECESITADES: MODELO DE RELOXO
DECORADES O MODELO,  RECORTADES, PEGADES EN CARTOLINA OU CARTÓN POÑEDES UN ENCUADERNADOR NAS AGULLAS PARA QUE SE MOVAN  E LISTO!!
XA TEMOS  UN RELOXO TIC, TAC, TIC,TAC!!

A VER QUE CHULOS QUEDAN!!
BICOS!!

luns, 15 de xuño de 2020

FLAMENCO

BO DÍA:


LUNS, 15 DE XUÑO.
COMEZAMOS A ÚLTIMA SEMANA DE "COLE" E IMOS ARRANCAR CUN CONTO QUE ESPERO VOS GUSTE. 
A LANCHIÑA DO FLAMENCO
AXUDÁDELLE A CONTAR Ó FLAMENCO!!


AGORA SE VOS ANIMADES PODEDES FACER UNHA TARXETA CON FORMA DE FLAMENCO. 
PRECISADES: FOLIOS OU CARTOLINA ROSA, TESOIRAS,  PEGAMENTO E... A AXUDA DUN ADULTO.


QUE VOS PARECE SI AGORA FACEMOS UNS PUZZLES?

PUZZLES


E HOXE REMATAMOS CUN POUCO DE IOGA 
LA LOCOMOTORA VALIENTE


CHICOS,CHICAS ESPERO QUE CON ESTA LETRA TOD@S PODADES LER SOÍÑOS!!

BICOS!!

domingo, 14 de xuño de 2020

Felicidades Nycole

BO DÍA:

HOXE É DOMINGO, 14 DE XUÑO.



SABEDES? HOXE É O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA NYCOLE, ASÍ QUE IMOS A FELICITALA  CUNHA CANCIÓN PARA QUE PASE UN FELIZ E BONITO DÍA DE CUMPLE.


PARABÉNS NYCOLE!!!
FELIZ DOMINGO A TOD@S!

venres, 12 de xuño de 2020

O tren

Bo día:

Hoxe é venres 12 de xuño e imos facer unha "viaxe" en  tren. Vaia... non podemos! Pero... cantar sí que podemos así que vamos todos e todas a cantar: Viajar en tren



Agora uns xogos, moi atentos!!





E como entramos na finde, déixovos unha manualidade. Un gran tren, por se vos apetece construílo. É moi sinxelo, só precisades: folios de cores, tesoiras e a axuda dun adulto. Podedes facer as pezas  soltas (vagóns, rodas, máquina) para montar e desmontar e despois de feito pois a cargalo con diferentes cousas!



Nada máis por esta semana!
O luns máis cousiñas!!












xoves, 11 de xuño de 2020

Familias

Bo día:

Xoves. 11 de xuño.
Hoxe déixovos un conto adicado as familias: Un puñado de botones



Que interesante este conto!!
Para rematar as actividades deste blogue que fomos facendo na casa neste tempo por mor da Covid-19
propóñovos que debuxedes á vosa familia (títulonome e data). Si, a todos os que viven con vós e que tanto nos axudaron nestes días tan complicados. Grazas ós papis e as mamis puidéstedes seguir aprendendo moitas cousas porque o cole estaba pechado. Así que un bonito debuxo para demostrarlles o agradecemento por toda a súa axuda. 

E agora a family en inglés!



Moitos bicos!!
Mañá máis cousiñas para divertirse!

mércores, 10 de xuño de 2020

Ese árbol que te cuento

Bo día:


Hoxe é mércores 10 de xuño.
Preparádevos porque hoxe toca... Unha canción que nos encanta e cantamos moitas veces. Oídos ben atentos e a cantar!
Ese árbol que les cuento



Cantas cousas ten esta árbore!!!

Preparados para recordar todo?
  • Título do conto con lápiz e rotula.
  • Escribimos e numeramos tódalas cousas que ten a árbore pero... Ojito! Na orde na que van aparecendo. E despois debuxamos unha bonita árbore. Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
  • E para rematar, unha manualidade. Só precisades: papel, tesoiras unha palla e a axuda dun adulto. E así podedes facer un verme de papel que se move como o que sube pola árbore da canción.  

Ánimo que xa queda pouco! 
Quero ver eses "vermiños"

martes, 9 de xuño de 2020

No es una caja

Bo día:


Hoxe é martes 9 de xuño.
Imos escoitar un novo conto e espero que vos guste, prestade moita atención que despois imos traballar un pouco.
No es una caja



Que vos pareceu? Que ben o pasa o coello só cunha caixa! Xa vedes, está prohibido aburrirse porque con calquera cousiña podemos divertirnos, só temos que poñer a funcionar a nosa imaxinación. 
Ahora imos ver se estivéstedes atentos!

  • Título do conto (lápiz e rotula).
  • Escribimos tódalas cousas que o coello pode facer ca caixa. Ó lado, debuxades en que converteríades vós,  unha caixa, non vale copiarlle ó coello! Deixo un modelo de actividade. Modelo actividade
  • E por último se conseguides unha caixa grandiña...a imaxinar xogando.

E ahora... música!! Cas actividades da profe Noelia


Ata mañá!!!
Bicos!!

luns, 8 de xuño de 2020

Parabéns Roi!!

Bo día:


Chicos, chicas xa estamos a luns 8 de xuño. E hoxe... sorpresa! Temos de cumple o noso compañeiro Roi!!

Felicidades!! Desexámosche un moiii feliz día!!



Recordade facer un debuxo de agasallo  para Roi, (medio folio con nome) e levalo cos traballos os días da recollida.




E agora para  comezar a semana que mellor que con este conto-canción que nos encanta! Atentísimos!!

¿Le pondremos un bigote?




Recordades cantas veces a cantamos?
Agora algo moi sinxelo para facer, preparados? Que nos quedan moi pouquiños días.

  • Escribimos o título do conto
  • Escribir as partes do corpo e ó lado o nome dos obxectos que se utilizan para facer o monigote. E... debuxades ese monigote. Con bigote ou sen bigote como vos guste máis. Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
  • E para rematar un xogo do corpo humano.


E agora a mover o esqueleto!!
Como cada luns imos ver que nos deixa a profe Mari Paz para esta semana.


A pasalo ben!
Mañá máis cousiñas!! Bicos!!

venres, 5 de xuño de 2020

Día do medio ambiente

Bo día:


Venres 5 de xuño!! 
Hoxe celébrase o Día do medio ambiente, vós sabedes que temos que coidar o noso planeta porque senón as consecuencias van ser moi malas e non teremos onde vivir!
Imos ver e escoitar un conto moi especial que nos vai falar dese tema. Os animais  tamén o pasan moi mal cando non se cuida o noso medio. Rana de tres ojos



Que problema tan grande imos ter se non coidamos os nosos ríos, mares, campos... Pero eu sei que vós sodes moi coidadosos e vades axudar a que esto mellore.
Xa que temos a finde por diante déixovos varias actividades.

  • Primeiro investigamos un pouco sobre as rás. Cómo nacen? Onde viven? Que comen? Que é eso de ser anfibios?...
  • Ides a debuxar e por o nome da rá e dos amigos que lle axudan a limpar o río. Deixo un modelo de actividade. Modelo actividade
  • Para rematar, unha manualidade-xogo. Sí, unha rá que caza moscas porque  lle encantan. So precisades: un rolo de papel hixienico baleiro, pintura, ceras  ou folios de cores, rotulas, un pedaciño de fio ou lá e coma sempre, a axuda dun adulto.

E finalizamos a semana cunha canción para recordar que debemos cuidar e protexer o noso planeta.




Chicos e chicas que non se nos olvide nunca,  o planeta depende de todos nós. Imos a coidalo tódolos días!
Unha aperta moi forte!!

xoves, 4 de xuño de 2020

Peixe Arcodavella

Bo día:


Hoxe é xoves 4 de Xuño!
Imos escoitar un conto moi colorido, atendede ben!!
O peixe Arcodavella




Que presumido era o peixe!! Pero decatouse de que compartindo era máis feliz!!


Hoxe unhas actividades sinxeliñas!

  • Para comezar, deixovos un modelo de peixe Arcodavella que podedes facer. So precisades: folios de cores, tesoiras, pegamento e a axuda dun adulto.

  • Cando o peixe estea listo recortádelo e  pegádelo nun folio onde previamente debuxaredes o fondo do mar como vós sabedes. Escribides o título do conto, o voso nome e a data!!
Xa me tarda ver estes traballiños tan chulis!!

Un xogo de sumas para que traballe o cerebro!!


E como hoxe e xoves, inglés!! Tamén con animais do mar!!



Espero que vos guste,e aprendades moito!!
Pasádeo ben e sede moi boiños!!

mércores, 3 de xuño de 2020

Caracol

Bo día:


Hoxe é mércores 3 de xuño!

Imos facer unha viaxe cun caracol, que nos vai amosar moitos lugares. Atendédelle ben porque algúns deles xa os coñecemos! O caracol viaxeiro




Que vos pareceu este amiguiño?? Nós este ano tamén "viaxamos" ó deserto e en 3 aniños a "selva" recordades?

Pois agora intentamos facer unhas actividades para recordar ben este fermoso conto ca súa bonita música.
  • A primeira actividade pode ser a que nos dice a contacontos, buscar información sobre os animais da fraga, aínda que ela xa deu moitas pistas!
  • Escribimos e rotulamos o título do conto
  • Escribimos os 4 lugares que visitou e 3 animais dos que atopou en cada lugar, para que sexa máis doado deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
  • E para rematar se vos apetece podedes facer un bonito caracol, decoralo e poñerlle un nome. Só precisades: cartulina, tesoiras, pegamento e a axuda dun adulto. Si pinchades no enlace "caracol" tedes as instruccións.


Ánimo!! 
Quero ver eses caracois viaxeiros!!
Mañá máis cousiñas!!



martes, 2 de xuño de 2020

Días da semana

Bo día:

Hoxe é martes 2 de xuño.
Imos comezar cunha canción do grupo Mamá cabra: Os días da semana


Xa sei que está chupado que vós xa os sabedes súper ben, pero por se hai algunha dúbida... Imos alá.

  • Repasamos: Que día é hoxe? E onte que día foi? E mañá que día vai ser?
  • Título da canción con lápiz e rotula
  • Numerar e escribir os días da semana e ó ladiño que instrumento di que  toca cada día. Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
  • E para finalizar un xogo, para ordenar os días da semana. Ordenar os días da semana

Recordade que vos queda esta semana para rematar o instrumento para música.

Isto é todo por hoxe!!
Ata mañá chic@s!!

luns, 1 de xuño de 2020

Un agasallo diferente

Bo día:

Hoxe é luns 1 de xuño!! Nova semana e novo mes!!
Que pouquiño nos queda para rematar este curso tan especial!
Para comezar o mes e a semana imos cun conto  que xa limos  na clase, a ver se o lembrades!






Que ben o pasaron os dous amigos cun pedaciño de tea.
Agora imos recordar todo o que fixeron.

  • Título do conto
  • Numerar e escribir cantas cousas inventaron para xogar ca tea do agasallo.
  • Debuxar un xogo  que ti farías ca tea. Deixo un modelo de actividade. Modelo actividade

Se todo está rematado... a xogar!! Un xogo de lóxica!!



Recordade entrar  no Blogue da profe Mari Paz.



Ata mañá!!
Sede boiños!!