mércores, 3 de xuño de 2020

Caracol

Bo día:


Hoxe é mércores 3 de xuño!

Imos facer unha viaxe cun caracol, que nos vai amosar moitos lugares. Atendédelle ben porque algúns deles xa os coñecemos! O caracol viaxeiro




Que vos pareceu este amiguiño?? Nós este ano tamén "viaxamos" ó deserto e en 3 aniños a "selva" recordades?

Pois agora intentamos facer unhas actividades para recordar ben este fermoso conto ca súa bonita música.
  • A primeira actividade pode ser a que nos dice a contacontos, buscar información sobre os animais da fraga, aínda que ela xa deu moitas pistas!
  • Escribimos e rotulamos o título do conto
  • Escribimos os 4 lugares que visitou e 3 animais dos que atopou en cada lugar, para que sexa máis doado deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
  • E para rematar se vos apetece podedes facer un bonito caracol, decoralo e poñerlle un nome. Só precisades: cartulina, tesoiras, pegamento e a axuda dun adulto. Si pinchades no enlace "caracol" tedes as instruccións.


Ánimo!! 
Quero ver eses caracois viaxeiros!!
Mañá máis cousiñas!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario