venres, 29 de maio de 2020

Xoaniña

Bo día:


Andando, andando chegamos ó venres, 29 de maio.
En dous días rematará este mes, cando voltemos ó luns xa será un mes novo, ide pensando que mes será!!
Pois para rematar a semana déixovos un conto moi bonito. Hai moitos animais e... moi listos!
Lo que escuchó la mariquita




Así de intelixentes foron estes animais e a xoaniña foi moi valente.

Imos traballar un pouquiño

  • Repasamos e contamos cantos animais aparecen no conto. E se vos animades  investigades algunha cousiña sobre as xoaniñas.
  • Título do conto con lápiz e rotula
  • Numeramos e escribimos o nome dos animais da granxa,  e poñemos se nacen da nai ou do ovo. (Exemplo: 1- vaca- nai). Ademáis podedes debuxar ó animal máis grande de todos e ó máis pequeniño. Fácil? Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
  • E como  a xoaniña foi tan valente imos tentar facer unha, para a vosa colección de manualidades. Só precisades: folios de cores, tesoiras, rotula e coma sempre a axuda dun adulto. Recordade poñer a xoaniña enriba de unha folliña verde!


E para aprender máis cousas destes pequenos insectos unha canción.


Moito ánimo! 
Gozade da finde pero...sede boíños!!

xoves, 28 de maio de 2020

letras

Bo día:


Hoxe é xoves, 28 de maio.
Preparádevos porque hoxe tocan letras, moitas letras!! Veredes!!
Como é moi importante que non esquezamos as letras, imos comezar cunha canción que nos vai axudar a repasalas toditas. Atentos chic@s!! O abecedario
Estou segura que vos acordades moi ben.
Pois entón, imos prepararnos para as actividades, hai que pensar un pouquiño antes de escribir.
  • Título da canción (lápiz e rotula).
  • Escribir tódalas letras do abecedario en maiúscula, ó lado en minúscula e  tamén unha palabra que empece por esa letra. Fácil ,si? Deixo un modelo da actividade para que sexa máis doado. Modelo actividade
E agora máis do mesmo, pero, con xogos!!



Chic@s, hoxe inglés así que tamén  imos ver as letras en inglés!!



Ufff cantas letras!!
Por hoxe xa está ben!!
Besiños  e ata mañá!!!


mércores, 27 de maio de 2020

sopa

Bo día:

Hoxe é mércores 27 de maio.
Onte traballamos cas froitas e hoxe imos seguir con outros alimentos. 
Así que imos empezar cunha sopa.
Si, A mellor sopa do mundo. 
Preparados? Pois moita atención


Menuda sopa fixeron os  animais!! Non sei se vos decatástedes, pero o mellor non foron os ingredientes, senón o agarimo co que a fixeron e que traballaron en equipo.
Agora traballamos nós, pero... cada un na súa casiña.
  • Escribir e rotular o título do conto.
  • Numerar e escribir os animais e os alimentos que aportaron a sopa según a orde de chegada. (Exemplo: 1º- tartaruga - auga). E para rematar escribir  e debuxar o voso plato preferido. Deixo un modelo da actividade: Modelo actividade
E agora para estes nenos e nenas... uns xoguiños!!  



E para despedirnos... unha  canción!!


Espero que o pasedes ben con todas estas cousiñas. 
Maña máis!! Un bico enorme!!

martes, 26 de maio de 2020

Froitas



Bo día:

Chegamos ó martes, 26 de maio.
Xa sabedes que os martes son os días máis musicais na nosa aula así que hoxe comezamos cunha canción, pero ollo! Estade moi atentos porque despois imos traballar!!




Vos comedes froita? Como nos dicen na canción é moi, moi  importante na nosa alimentación. Así que imos ver cantas cousas  sabedes das froitas, preparados?
Actividades para hoxe:

  • Mirar no froiteiro da vosa casa que froitas hai? Cantas? Que cores teñen? Cales son máis pequenas? Que forma teñen?
  • Escribir e rotular o título da canción.
  • Numerar e escribir 10 nomes de froitas. Despois elixides 3 para debuxar, as que máis vos gusten. Deixo un modelo da actividade: Modelo actividade
  • E para rematar estas actividades, que vos parece se hoxe facedes un postre ou unha merenda con froita? Zume, macedonia, brocheta... Mmmm que rico!!!


E agora déixovos co blogue da profe Noelia!! 
Con sorpresas!!





Nada máis por hoxe!!
Sede boíños e ata mañá!!

luns, 25 de maio de 2020

Lúa

Bo día:

Ola a tod@s! Como pasastes a fin de semana??
Espero que súper ben!!
Comezamos unha nova semana, a derradeira do mes de maio. E hoxe, para animarnos, un pequeno conto-canción que xa coñecemos. Escoitamos!!



Nós tamén o cantamos moitas veces. Agora propoño unhas actividades para recordar este conto. Comezamos?
  • Escribir e rotular o título do conto.
  • Debuxar, colorear  e escribir o nome dos obxectos do conto, na orde na que van aparecendo (o primeiro sería a lúa). Deixo un  modelo da actividade: Modelo actividade
  • E para rematar, nun folio  doblado á metade  facer un debuxo, bueno serían dous! Un do día e outro da noite, así podemos ir vendo as diferenzas, recordade que aparezan o sol e a lúa!
E como hoxe e luns... a moverse! Co blogue da profe Mari Paz.

Pasade bo día!!
Maña máis cousiñas!! Un bico grande!!

venres, 22 de maio de 2020

Mosca Chosca

Bo día:


E xa chegamos ó venres, 22 de maio.
Pois hoxe ides ver e escoitar  un conto que non contamos na clase. Fala de moitos animaliños. Estade atentos. Unha casa, un bosque, unha torta.... Atención!! A mosca Chosca.




Que tal? Gustouvos? Que tragón ese oso larpeiro!!!
Pois agora imos ver que atentos estivéstedes.

  • Escribides e rotulades o título do conto. Fácil.
  • Agora toca colocar os números dos convidados e o seu nome na orde en que van chegando e ó lado debuxades a gran torta que fixo a mosca e a ela tamén! Deixo un modelo da actividade: Modelo actividade
  • Bueno e non estaría mal preparar unha rica torta   para a finde, coma a da mosca. Se vos animades...  gostaríame probala, pero... Está dificil, ainda que si podería vela nalgunha foto, ánimo e a cociñar!!
E para rematar o conto propoño facer un antiface de "mosca". Só precisades: cartulina, rotula, limpapipas ou palliñas, tesoiras e axuda dun adulto. 

 
E agora como estou segura que traballástedes moito!! 
A xogar!!



Recordade ler moito!!
Ata luns!! Disfrutade da finde e... sede boiños!!

xoves, 21 de maio de 2020

Chibos chibóns

Bo día:


Hoxe xa é xoves 21 de maio. Como estades? Espero que moi "happy" e se non deixovos esta canción das emocións en inglés para que me digades!



Agora seguimos repasando cousiñas que vimos e entre elas está un conto que... penso que vos gustou moito a todos e a todas. Déixovos unha pista: Patín, patán, patón!!


Vaia vaia que  listiños foron os tres chibos!!
Hoxe imos facer algo moi sinxelo:
  • Escribimos e rotulamos o título do conto
  • Facemos un súper debuxo con tódalas persoaxes que aparecen, ata a ponte! E ben coloreado!!!
  • Cando estea listo pedimos a un adulto que lle faga uns trazos para recortar (Iso mesmo, convertímolo en puzzle) e despois pegamos a pezas noutro folio (mellor se é de cor)  ben xuntiñas para volver a compoñelo. Deixo modelo da actividade. Modelo actividade
Agora uns xogos  para ordenar os números.




Ata mañá! Sede boíños!


mércores, 20 de maio de 2020

Os sentidos

Bo día:

Xa estamos a mércores 20 de maio.
No primeiro trimestre  fixemos un Lapbook dos 5 sentidos, recordades? Pois hoxe imos darlles un repasiño para non esquecer todo iso que aprendimos. Empezamos cun conto, atención! 
Os 5 sentidos preparados!!!


Agora que xa entrenamos o noso cerebro recordando cousas, comezamos o traballo de hoxe:
  • Sinalar no voso corpo os 5 órganos dos sentidos.
  • Escribir o título do conto
  • Podedes escribir: O número, o nome do sentido, o órgano de cada sentido e ó lado algo que percibimos con ese sentido (por exemplo: 1º- vista - ollo - árbore) Deixo un modelo de actividade: Modelo actividade
  • Debuxades tamén cada órgano  no número que lle corresponda. 

Rematamos cantando unha canción.... dos sentidos!!!


Espérovos mañá con máis cousiñas!!
Sede boiños!!

martes, 19 de maio de 2020

Elmer

Bo día:

Como estades? Despois das Letras Galegas e dun luns de descanso comezamos a semana en martes e ímolo facer dunha maneira moi colorida e... Enorme! 
Adiviñades quen é a persoaxe deste conto? É enorme e de mil cores!


Pois si, o amigo Elmer que sempre está buscando aventuras para que os nenos  e nenas o pasen ben. 
Despois de ver e escoitar a este colorido elefante traballamos un pouquiño.

  • Escribimos e rotulamos o título do conto
  • Cantas cores diferentes ten Elmer? A contar!                  O segundo paso é escribir os números e as cores do elefante e ó lado podedes  debuxar e decorar  un elefante diferente (cores, formas, debuxos ..). Deixo un modelo para a actividade. Modelo actividade
  • E por último... unha manualidade de elefante para soprar, a súa trompa estírase e encollese. É moi sinxelo solo precisades: un folio de cor, unha palliña, tesoiras, pegamento e coma sempre a axuda dun adulto. Atención ó video que vos deixo

E hoxe música! A profe Noelia preparou  moitas actividades para que poidades pasar un rato divertido.



Por hoxe xa está ben! Maña máis cousiñas!
Un bico, sede boiños!!



domingo, 17 de maio de 2020

Letra Galegas 2020

Bo día:

Sii, xa sei que hoxe é domingo! Pero temos unha edición especial de blogue. 
Como cada 17 de maio celebramos  o día das Letras Galegas, o día das nosas letras. Este ano sen ensaios previos  pero sempre  ca colaboración  de pais/nais e esta vez coa inestimable axuda da miña filla Lucía...
 O alumnado de 6º de Infantil do CEIP Plurilingue de Foz nº1  presenta a súa producción para o día das Letras Galegas!


Moi feliz día e recordade que Galicia resistirá, se nós sabemos coidala.

venres, 15 de maio de 2020

Letras galegas

Bo día:
Xa estamos a venres 15 de maio. Sabedes que o vindeiro  domingo 17 de maio  celebramos o día das Letras Galegas. Este ano adicado ó escritor Ricardo Carvalho Calero. No blogue da biblioteca do cole hai moitas actividades e cousiñas para  ver e  facer. 







Ricardo escribeu moitos libros pero para maiores; só as  As pitas baixo a choiva  para  nenos e nenas. Trátase dun  relato breve que narra  un feito anecdótico  da súa infancia que de seguro vos vai gustar. Ollade e escoitade ben!!

As actividades para este libro poden ser:
  • Escribir o título do libro
  • Escribir o nome do autor
  • Colorear o debuxo que  vos deixo. Tamén cabe a posibilidade que vós fagades o debuxo como máis vos guste. Deixo modelo da actividade. Modelo actividade
E por último como este fin de semana é longo xa que o luns 18 non habería clase, deixovos o conto que estabades a traballar  así podedes rematar na vosa casiña. Escribir os nomes dos animais e colorear ben bonito.



Chicos e chicas, sede boiños e disfrutade da finde!!
Un bico enorme!!!




mércores, 13 de maio de 2020

Gafas bonitas!

Bo día:

Como están es@s súper alumn@s?
Hoxe é xoves, 14 de maio. Se estivésemos no cole estaríamos a preparar algún teatriño para conmemorar as Letras Galegas. Pena que ese coronavirus non nos deixou seguir adiante! Pero a nós non nos paran e seguimos a traballar cada día un pouquiño.
Hoxe deixovos unha canción que eu non coñecía, a ver se vos gusta, fala dunhas gafas, escoitade ben.
As gafas de ver o mundo bonito!



Esas gafas fantásticas de ver o mundo bonito, que ben! Se todos e todas as puideramos ter. E estou pensando... por que non as podemos ter? Imos intentar facelas, que vos parece? Animádesvos?


  • Pois iso, eu deixo varios modelos, decorádelas como vos gusten recortades, pegades as patillas e xa temos unhas gafas de ver o mundo bonito! (podedes pegar en cartolina se tendes, para que queden máis fortes). Modelo gafas
  • E agora con esas gafas postas, imos facer un traballiño sinxelo.  Recordade cas gafas postas! Para ver mellor, ides buscar pola casa obxectos  que empecen polas letras: N/B/S, escribides tres de cada. Elixides unha e debuxádela, e por último escribides dúas frases coas palabras que elixades. Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade 
E hoxe como é xoves a teacher Andrea deixavos unha canción para que aprendades diferentes  movementos.


Recordade ler un pouquiño cada día!!
Un montón de bicos!!
Ata mañá!!

Oso cazamariposas

Bo día!!

Mércores 13 de maio, xa levamos 2 meses sen poder ir o cole... canto tempo! Espero que agora xa falte menos e axiña podamos vernos.
Hoxe deixovos un conto dos meus preferidos, creo que o lemos o curso pasado, a ver quen se acorda!


Oso cazamariposas


Canto me gusta este conto!!! 
As actividades serán moi sinxelas pero moi bonitas, atención:
  • Podedes facer un bonito debuxo de Oso rodeado de moitas bolboretas, poñer o título, (recordade poñer o voso nome e a data) e colorear todo, xa sabedes que as bolboretas teñen cores moi lindas!
  • E se vos apetece... podedes  facer un oso e unha bolboreta para representar o conto... Estaría moi ben! Precisades 2 rolos de papel hixiénico, folios de cores, rotulas, pegamento, tesoiras  e unha pouca de axuda dun adulto . Deixovos uns modelos moi sinxelos.



Bueno, gustaríame ver algunha fotiño deses traballos!
E agora para rematar 1,2,3 a cantar!!


Animo chic@s!!
Ata mañá!! 



martes, 12 de maio de 2020

Martes 12

Bo día:


Vamos a polo segundo día da semana, o martes, hoxe 12 de maio.

Empezamos con música! Díceme a profe Noelia que foi June a encargada de  preparar as vosas actividades para hoxe  así que entrade no blogue e atoparedes moitas sorpresas!!




Déixovos un conto, onde imos ver as gañas que ten coelliño de que aumente a súa  familia.  
Ademais podemos aprender a debuxar moi facilmente, se observamos ó ilustrador, veredes que bonito!!



Imos  facer unhas sinxelas actividades:
  • Escribir o título do conto.
  • Enumerar  e escribir os animais ós que coelliño lles conta a boa nova e ó lado que agasallo lle preparan... bueno o oso só quere durmir! Despois disto podedes facer  ó ladiño un debuxo dos vosos irmáns. Deixo un modelo da actividade.  Modelo actividade
  • E agora.... un reto!  Nun folio libremente, atrevédesvos a  imitar os debuxos que fai o ilustrador do conto? Con  ceras, rotulas, pintura... co que máis vos guste! Sairán verdadeiras obras de arte!!
Canto me tarda vervos!! 
E que me ensinedes todas as cousas que vades facendo, gardade todo ben!
Un bico moi forte!




luns, 11 de maio de 2020

A moverse!

Bo día:

Como estades?
Xa estamos empezando unha nova semana! 
Hoxe, luns 11 de maio, imos empezar logo cun conto-canción que cantamos moitas veces, sobre todo cando erades máis pequerrechos. A ver se recordades.
Crocodilo da colección Do berce a lúa.


Como este conto é moi faciliño as actividades que vos propoño tamén o van a ser, preparados?
  • Escribir o título do conto
  • Debuxar, colorear  e escribir o nome dos obxetos do conto, na orde na que van aparecendo. Deixo un  modelo da actividade. Modelo actividade
  • A última actividade que podedes facer sería rasgar pedaciños de papeis de cores e cunha palliña movelos de un sitio a outro, pero non soplando! Trátase de aspirar. Coller o papeliño e metelo na caixa por exemplo.

Como deciamos que é  luns,  déixovos o enlace do blogue da profe Mari Paz para que fagades psicomotricidade cando vos apeteza.




Pasádeo ben e sede boiños!!
Ata mañá!

venres, 8 de maio de 2020

Fun o mercado


Bo dia:

Xa estamos a venres, 8 de maio.
E para rematar a semana contentos e contentas imos  cantar unha canción. Titúlase Fun ó mercado




Como temos o fin de semana preto, propoñovos varias actividades para esta canción:

  • Escribir o título da canción 
  • Escribir  o que foron comprar o mercado e ó ladiño onde lles picou a formiga. Facer un bonito debuxo relacionado ca canción. Deixo un modelo: Modelo actividade
  • Preparar unha receita de cociña: 
    • Primeiro, escribir os ingredientes que precisades.
    • Segundo, escribir  como se elabora 
    • Por último, un debuxo ou unha foto se a cociñástedes (todo esto sabedes que ten que ser ca axuda dun adulto). Deixo un modelo da actividade: Modelo receita
E para rematar a semana se vos apetece, déixovos un modelo para facer unha formiga coma a da canción. 
Só precisades: Cartón de hueveras, pintura ou rotula negro e limpapipas (ou calquera outra cousa para as patas), bueno, e  tamén... un pouco de axudiña.




Pasade unha boa fin de semana! Recordade ser boíños eun bico moi grande  e ata luns!!!



xoves, 7 de maio de 2020

Parabéns Manuel



Bo día:

Hoxe é xoves 7 de maio e.. sorpresa!!! 
É o aniversario do noso amigo Manuel así que... vamos tod@s a felicitalo con un cumpleaños genial.


FELICIDADES MANUEL!!!

Podedes facerlle un debuxiño na metade de un folio como facemos sempre, será o noso agasallo cando nos volvamos ver.

Os xoves as profes Mari Luz e Belén acompañábannos na aula, por iso hoxe  colaboraron conmigo na elección do conto e nas actividades, un conto que tamén coñecedes.
Vémolo e escoitamolo! 



As actividades para este conto son moi sinxelas,  as profes propoñemos:
  • Escribir  o título do conto con letras grandes e bonitas, seguidamente facedes un debuxo da parte do conto que máis vos gustou e coloreades ben, como vos sabedes! Modelo actividade
  • Cando o debuxo estea listo podedes pedir axuda a un adulto para que lle trace unhas liñas por riba e  vós recortades, si, si iso mesmo!! Como se fosen as partes dun puzzle que despois ides a pegar noutro folio  ou cartolina. Recordade que hai que pegalas xuntiñas para que o debuxo quede chuli!
Seguro que vai quedar fantástico, ánimo!!!

E ahora elefantes en inglés! Bueno, mellor dito, elephants!



Saúdos das profes para todas e todos!
Ata mañá!!







mércores, 6 de maio de 2020

Camila

Ola chic@s


Que tal estades? 

Un día máis, xa estamos a mércores 6 de maio.
Hoxe as actividades que ides facer van a estar relacionadas cun conto que sei que vos gusta. Límolo en 4 anos espero que non o esquecerades: A cebra Camila




Pobre Camila! Menos mal que se atopou cuns bos amigos que a axudaron.
Imos logo facer algunha cousiña deste conto.

Propóñovos:


  • Emparellar os animais cos seus nomes. Aquí debaixo déixovos un xogo online para facelo:

  •  Imitar os movementos dos animais
  • Escribir o título o conto
  • Debuxar e escribir o nome  de todos os que axudaron á cebra. Debuxar a Camila (e non vos esquezades das súas sete bágoas!). Deixo un modelo para a actividade: Modelo actividade
  • Por último se vos apetece podedes facer unha careta  de cebra moi fácil . Só precisades: cartulina ou cartón, folios, rotulas, tesoiras e pegamento

E para finalizar un vídeo musical para aprender máis cousiñas sobre a cebra, o animal protagonista de hoxe.


Cantas cousas!!
 Recordade ir gardando todo o que facedes para que eu o poda ver!
Paseade un ratiño e portádevos ben!!!
Ata mañá!!!