xoves, 30 de abril de 2020

Parabéns Leo!

Bo día, chicas e chicos!!


A ti que tanto te moves chamareite... xoves!!

Pois iso hoxe é xoves  30 de abril, remata o mes!! 
Preparádevos porque temos un día cheíño de actividades!!

Hoxe é un día moi especial para un compañeiro, recordades? Hoxe está de cumple o noso amigo Leo e para celebralo imos a cantar todos "un cumpleaños genial"!!



FELICIDADES LEO!!!

Outra cousiña!  Mañá comeza un novo mes: maio. Ademais é un día festivo polo que non vou poñer nada no blogue, descansaremos. Porén o domingo.., celebramos o día de tódalas mamis e entón temos que preparar unhas sorpresiñas para elas.

Propoño:

  • Facerlles un debuxo precioso, colorealo e escribirlle algo a mamá, pero que non se entere!!
  • Un ramillete para mamá. Precisaredes: folios de cores, tesoiras, pegamento e un pouco de axuda dun adulto. Quedará divino! Ánimo!

E agora esa canción que sabemos tod@s, adicada as mamis!


Por último un pouco de inglés a ver se recordades a todos os membros da familia "Shark"




Biquiños e ata a semana que vén!

mércores, 29 de abril de 2020

Meses do ano

Bo día:

Como estades? 
Espero que ben!  Hoxe xa é mércores e ademais 29 de abril, xa falta só un día para que remate este mes e despois de abril, quen virá?

Pois para recordar os meses do ano hoxe déixovos unha canción. Moita atención!! 



Que vos pareceu?  Xa os imos recordando a que si?

Pos agora  propoño que para recordalos mellor fagades estas actividades:

  • Poñer o número e escribir ó ladiño o nome de cada mes.
  • Do outro lado  debuxádesvos a vós e escribides o nome do mes do voso cumple. Deixo un modelo por se o precisades. Modelo actividade
Agora xogamos a plasti!!!
Recordades este xogo?



Pois soamente precisades unha pouca de plasti, unha palla e unha boliña que  pode ser de papel e...a soprar!!!
Bueno se inventades outro xogo mellor contádemo eh!!!

Tamén vos convido a entrar no blog da Biblioteca do cole porque hai moitas actividades que podedes facer nestes días!!  Deixovos o enlace aquí abaixo:



Un bico grande e...  ata mañá!!
Sede boíños!!

martes, 28 de abril de 2020

Día musical


Bo día: 

Xa é martes, o día máis musical, así que ademáis de música ...hoxe baile!


Que vos pareceu?? Eses que se rían de Chufa... moi mal!!
Imos traballar un pouquiño, animádesvos? Seguro que si!

Eu propoño tres cousiñas:

  • Escribir o título do conto
  • Escribir o nome dos animais e do baile que bailan
  • Debuxar a Chufa. Deixo un modelo por se o precisades: Modelo actividade


E para rematar... déixovos as actividades de música da profe Noelia coas que podedes pasar moitos ratiños divertidos.


Xogo de ritmo

Moito ánimo e... un besiño!!

luns, 27 de abril de 2020

Once damas atrevidas

Bo día:

Outra semana que comeza, así que nos, tamen imos comezar  a facer cousiñas.
Esta semana é curta e ademais, ten sorpresa! xa iredes vendo.
Hoxe deixovos un conto con un pouco de música para ir espertando, escoitadeo ben, para despois saber facer as actividades.



Moi atrevidas esas damas!! 

E vos? Atrevédesvos cas actividades que vos propoño para este conto??
  • Escribir o título 
  • Colocar  os números hacia atrás e escribir o nome de cada lugar que visitan as damas.
  • Facer o debuxo da viaxe que más vos gustou do conto. Para que todo esto vos sexa mais doado, deixo enlace  de como o podedes facer. Modelo Actividade
Xenial!

E como hoxe é luns...  deixo o enlace da profe Mari Paz para ir facendo algo de psicomotricidade.




Blog Educación Física

Ata maña azulit@s!!!

venres, 24 de abril de 2020

Peixes de cores

Bo día:

Andando, andando chegamos ó venres! Así que hoxe vou a deixarvos un conto no que estabamos traballando na aula, cando Coronavirus apareceu por aí, e tuvemos que quedar gardadiños nas nosas casas.


Don Caballito de mar, este vai ser o conto para hoxe, pero as actividades que mando despois podedes repartilas en varios días.




Propóñovos:
  • Investigar un pouco sobre cada peixiño dos que aparece neste bonito conto, son algo raritos!
  • Ir facendo as actividades que xa  tedes no libro na casiña,  recordades? Poñer o nome de cada peixe,  facer e colorear cada fondo do mar, colorear os peixes mirando as cores do libro, picalos ou recortalos e pegalos en cada páxina.
  • Ademais  podedes completar este traballo con un bonito peixe de cores. So precisades  folio de cores, tesoiras, pegamento e un pouco de axuda de adultos, sairá chulísimo. Aquí vos deixo un enlace:    Peixe de papel
E para rematar... un pouco de música!! Atentos!!


O luns dicen que os nenos e nenas poderán  saír un pouquiño á rúa, a dar un pequeno paseo. Recordade respectar as normas que vos dan e obedecer ós adultos.

Sei que o vades a facer moi ben!!
Sodes uns campeóns!!
Xa rapidiño nos vamos a ver!! Moitos bicos!!





xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro

Bo día:

Hoxe é xoves 23 de abril, e celébrase o Día do Libro. O  Equipo de Biblioteca do noso cole deixanos unhas actividades para que facer en familia, contos para escoitar e recomendacións de libros. Podedes acceder a elas premendo no seguinte enlace:



Ademais de ler algun conto que elixades para hoxe podedes facer coa axuda dos adultos un marcador. Deixovos un modelo para que teñades unha idea, pero podedes decoralo como queirades!




E como os xoves a teacher Andrea tamén vos manda unha canción para que aprendades as cores. 


Pasade un moi feliz Día do Libro!!
Mañá máis cousiñas!!
 Bicos!!

mércores, 22 de abril de 2020

Uñas de cores

Bo día!!


Hoxe é mércores, o día que nace a tartaruga fermosa. Empezamos con un conto que xa coñecedes moi ben.





Paréceme importante poñervos contos que xa coñecedes porque así podedes explicárllelos e contárllelos vós ás vosas familias.
As actividades de hoxe van ser moi coloridas como as uñas de Juan!

  • Colocades as vosas mans nun folio e outra persoa repásaas ó redor para facer a silueta. Despois vós debuxades as uñas e xa están listas para colorear como vos apeteza. Recordades? traballo en equipo! Bueno... neste caso traballo en familia!
  • Agora, toca escribir 4 palabras que empecen polas letras L-F-D. Tamén podedes escribir algunha frase con elas. Deixo o modelo para escribir  por se vos fai falta: modelo palabras
  • E para rematar se tedes pinturas e vos deixan na casa... pois a pintar as vosas uñas!!!
Ata aquí as actividades por hoxe!!!

Ánimo que xa queda un día menos para que poidamos volver a xogar xuntos!

martes, 21 de abril de 2020

Musiqueando


Olaaa, bo día!!


Martes 21 de abril, como este é o día da semana máis musical na nosa aula, imos a empezar con un conto-cantado de números.

Pois iso, hoxe toca contar!


  • Podemos escribir os números nun folio e colocar ó seu lado cousiñas que teñades pola casa: garabanzos, boliñas de papel, boliñas de plastilina... para ir facendo as cantidades e incluso xogos de sumas.
  • Despois de practicar, nun papel facedes os círculos coa etiqueta e debuxades as boliñas que corresponden  como faciamos na clase, deixovos un modelo por se o necesitades:  modelo números

Para finalizar premedes no enlace do blogue de música da profe Noelia,  ahí atoparedes máis sorpresas para ir facendo.



Espero que vos guste e poidades divertirvos aínda que non saiades da casiña.

Moitos bicos de parte de todas as profes, sodes uns campións!!!

luns, 20 de abril de 2020

Compañeiros

Bo día, nenos e nenas:

Hoxe é luns e comezamos unha nova semana e polo tanto un montón de novas aventuras!!

Como o último día falamos dos insectos imos a empezar con un conto que tamén trata destes bechos. Atentos!! Te quiero casi siempre




Que vos pareceu o conto? Bonito? Pois o mesmo que lles pasa a Lolo e a Rita seguro que a vós tamén vos pasa cos vosos amigos e amigas. Unhas veces enfadámonos e outras querémonos un montón porque tod@s somos diferentes.

Como hai moitos días que nos vedes aos compañeiros e compañeiras de clase... imos recordalos a tod@s .

  • Primeiro podedes escribir o voso nome e logo seguir con  tódolos demais. Recordade que a primeira letra e con maiúscula!
  • Cando rematedes de escribir contades cantos nenos e cantas nenas hai e despois sumades. Deixovos un modelo de ficha por se a necesitades. Tedes que premer no seguinte enlace para velo: Ficha compis
  • E para rematar, pola parte de atrás do folio debuxades a dous amigos ou amigas cos seus nomes, fácil! A que sí??
Como hoxe e luns teriades Educación Física así que vos deixo aquí abaixo a dirección do blogue da profe Mari Paz para que intentedes facer as actividades que ela vos propón.

                                  Blog Mari Paz

Moitos bicos e ata mañá!


martes, 14 de abril de 2020

Os insectos

Bo día chic@s:


Imos a polo mércores! Do ovo rosa naceu unha tartaruga fermosa, recordades?
Bueno pois hoxe deixovos un conto con canción. É moi chuli a ver se vos gusta a vós.

                         Quén é ese becho?

Que vos pareceu? Tururú.

Ahora traballamos un chisco:
  • Seguro sabedes que a eses pequenos bechos chamámoslles "insectos".Entón hoxe  toca investigar algo dos insectos. Cómo son? Teñen ósos ou non?, Teñen ás? Patas?...
  • Pensade nomes de insectos que coñezades, si ,dos pequeniños que vemos polo campo, ou polo patio... dos que vos gusta coller na man
  • E despois escribimos o nome de 6  insectos, e se queredes debuxar algún deles... pois fantástico!

Bueno e  agora..... a cantar!! Porque esta sí que a sabedes!!





Último traballo sinxeliño: escribir os números do 1 o 10 e do 10 ata o . Recordade poñer unha raíña para separalos e que non se peleen.

Ben, isto é todo por hoxe.

Recordade ser boiños e facer as cousas xenial!!!
Mil bicos!!


Bicos para tod@s!

Bo día nen@s!!
Como estades? Que tal pasastedes esta semana?
Supoño que na casiña coma min!!

Como eran vacacións non vos mandei actividades, pero ahora imos volver a empezar de novo. Un pouquiño cada día.
Non sei se escoitastedes que onte luns 13 de abril  foi o Día Internacional do Bico, asique  escollín este conto que creo que nunca contamos... a ver se vos gusta!



Que vos pareceu o conto? Está guai?! 
Nunca pensamos na cor dos bicos, pero xa vedes que podemos xogar ca nosa imaxinación.

Ahora xa sabedes que tocan as actividades:
  • Imos buscar pola casa cousas que teñan as cores das que fala o conto... a ver quen atopa máis!
  • Escribir o nome de cada cor que aparece no conto, podedes escribilos coa cor que corresponde e debuxar unha cousa que sexa desa cor, pero non vale a mesma que a do conto! A pensar eh!
  • E por último facer un gran arco da vella con todas as cores.
Como hoxe é martes, día no que nace a serpe, toca música así que unha canción! La casita de las notas


Isto é todo por hoxe! Mañá máis e mellor!!!

Un chuchiño


venres, 10 de abril de 2020

O Antigo Exipto




Ola a tod@s
Imos aproveitar estes días de vacacións para contar a “viaxe” que os nenos e nenas de 6º de Infantil fixemos polo Antigo Exipto.
Si, viaxamos ata alí coa axuda das familias do alumnado que colaboraron aportando libros, contos, información, manualidades e moitas cousas máis para facelo todo ben bonito e sinxelo.













Aprendemos que Exipto está situado no continente africano, rodeado polo mar Rojo e o mar Mediterráneo. Sitúase en pleno deserto, pero resulta que o atravesa o gran río Nilo, que era coma unha gran rúa para o comercio e a vida no país. As “falúas” eran daquela o medio de transporte máis importante e este río estaba cheíño de crocodilos e outros animais  salvaxes.












Visitamos a gran planicie de Gizeh cas súas grandes pirámides onde descubrimos que se enterraban os faraóns e as súas familias. Para iso convertíanos en momias, mediante un proceso moi longo e custoso.
Nós tamén transformamos ó noso compañeiro Leo en toda unha momia e todos probamos o gran sartego que tiñamos na aula .











Fixemos   pirámides de todo tipo: debuxadas, con bolas de plasti e pauiños, pintadas con pintura epurpurina e ata cosimos!!














Alí moi preto tamén se atopa a Gran Esfinxe con cabeza de faraón e corpo de león, pero non fomos capaces de atoparlle o seu nariz perdido.
Coñecemos algúns dos deuses e deusas de tantos como había: Ra, Isis, Osiris, Seth, Anubis… e o gran Horus!! Con toda a lenda do seu ollo perdido que posteriormente sería un dos amuletos mais importantes para os exipcios.








Outros amuletos importantes no Antigo Exipto eran o escaravello, o Ank,  a cobra e sobre todo o gato. O gato alí era un animal moi querido porque significaba protección… pobre do que lle fixera mal a un gato!




Con café convertemos os nosos folios en papiros e debuxamos os signos cos que eles escribían… foi ben difícil! Escribir daquela maneira si que era complicado.









E para rematar este proxecto disfrazámonos de faraóns  e raíñas de Exipto  co “Nemes” na cabeza, as coroas de raíñas e non faltaron unhas bonitas xoias para adornarnos.


Isto só e un anaquiño de todo o que traballamos, esperamos que vos guste e que moi rapidiño poidamos volver a estar xuntos, pero polo momento . quedamos tod@s na casa e so viaxamos coa nosa imaxinación, que xa sabedes que nos pode levar moi moi lonxe…