martes, 31 de marzo de 2020

Abecedario

Bo día:

 Hoxe é martes e o martes toca... música! Así que hoxe imos a escoitar unha canción que nos vai axudar a recordar o  abecedario, a ver se o aprendemos todos e todas. Espero que vos guste!! Atentos eh porque hai dúas palabras que en España non acostumamos dicir así... A ver se as cazades!



Despois de escoitar esta canción (e seguro que xa  a aprendestedes) toca traballar un pouquiño. Hoxe tocan actividades de pensar e escribir:
  • Pensar 5 palabras que empecen por a letra "p", cinco que empecen por "m" e  cinco por "s"
  • Escribir esas 15 palabras. Podedes facelo nesta ficha que vos deixo aquí: Ficha palabras
  • Para rematar podedes elexir dúas das palabras e facer unhas frases.


Vale, traballo rematado!! Así que agora toca relaxarnos e para iso déixovos as posturas dos animales do mar recordádelas?

Pasádeo ben e recordade que tedes que portarvos moi ben. Todo esforzo terá recompensa!


luns, 30 de marzo de 2020

Empeza a semana!!

Ola chic@s!

Hoxe é luns e o que máis vos gusta do luns é... a clase de Educación Física con Mari Paz! A que si? Bueno pois para compensar déixovos un video cunhas actividades, pero hai que pedir axuda a mamá ou a papá para facelo e ademáis ter cuidadiño de non molestar os veciños.



Bueno, xa levamos moitos días sen facer a asamblea recordades? Quen será o encargado hoxe? Pois si! Cada un na súa casiña!

Para que recordedes o conto dos ovos, os animaliños e todo iso... Hoxe mándovos a historia daquela galiña que non poñía ovos! Agora xa podedes compartila ca vosa familia para que eles tamén a coñezan.


Xa tiñades ganas de volver a ver conto a que si?

Agora toca traballar un poquiño. Eu propóñovos 2 actividades:

- A primeira escribir o voso nome e apelidos nun folio. En letra enganchada porque xa temos que ir aprendendo e recordade a primeira letra con maiúscula.

- Despois  podededes escribir o nome de todos os días da semana e ó seu lado o número de letras que ten cada día e... que vos parece se arrodeamos o máis longo? Ten que quedar ben chuli!

Bueno para rematar un conto para escoitar e debuxar. Xa sabedes que a min me gustan moito e este tamén vos vai gustar a vós, porque cantan e tendes que participar como cando o facemos na nosa aula.  Titúlase Awi y el mar e seguro que vos apetece facer un bonito debuxo cos personaxes... poñédelles  o nome!



Veña campeóns e campeonas! Moito ánimo e portádevos moi ben!


venres, 27 de marzo de 2020

Venres.... e fin de semana!

Bo día!!!



Se hoxe estivésemos na asamblea abriríamos o ovo... (de que color era que non me acordo???) e sairía o crocodilo perezoso! Iso significa que é venres e que logo teríamos que abrir o último ovo, onde están os dinosaurios Sábado e Domingo. Así que un pouco de música que es viernes y el cuerpo lo sabe!!!





Como falamos onte a primavera xa empezou. Hoxe toca un conto no que como fai bo tempo os animais saen a pasear pero.... Ahora que va a pasar?



Ata os animais traballan en equipo! Como estamos facendo nós agora, quedando na casiña para axudar e eliminar o Coronavirus.

Como agora tendes 3 días ides facer un superproxecto de investigación. 

Tedes que investigar sobre cada un dos animais que apareceron no conto. Recordadelos todos? Cantos eran? Cal era o máis grande? e o máis pequeno?

Premendo no seguinte enlace deixovos unha ficha que vos pode servir como guía no proceso: Ficha investigación .  Se queredes podedes imprimila ou diseñala vós mesmos. Tedes que debuxar o animal e logo tratar de contestar ás preguntas que vos propoño.

Pero pensabades que todo iba ser ver vídeos de contos? Aínda nos imos esquecer de ler! Así que como despois do F vén o LL aquí vos deixo o conto O pallaso Fufú .

Por último deixovos con outro vídeo de yoga no que tamén aparecen moitos animais. Creo que este non o vimos na clase, pero seguro que o faredes xenial e vos relaxaredes un montón que o confinamento é moi cansado!




Ah!! Case me esquecía! Que tal van as vosas plantiñas? Xa medraron ou aínda nada?

Lémonos o luns! Pasade boa fin de semana! E coma sempre recordade que hai que estar na casa e lavar moito as mans.












xoves, 26 de marzo de 2020

Chegou a primavera!

Ola, azulit@s!

Seguro que xa sabedes que o pasado venres comezou a primavera. Canto nos tardaba que chegara para que os días se fixeran máis longos e os campos se empezasen a encher de flores! Agora, durante un tempo vamos ter que vela dende a ventá e algún afortunado ata igual ten un pequeno xardín. Pero eses ánimos arriba eh! A recibila cun bo rock&roll!



Recordades que os últimos días estabamos pensando na nova decoración da porta da nosa aula? Pois hoxe ocorréuseme que cada un de vós pode facer na casa o que máis lle guste: flores, bolboretas, paxariños... o que queirades, pero ten que ser grande e bonito! Cando volvamos ao cole xuntámolo todo e enchemos de primavera a nosa porta!

Xa que na primavera nacen as flores invitovos a que criedes a vosa plantiña. Xa sabedes que as plantas precisan luz, auga e nutrientes para vivir. Isto é moi fácil e seguro que tedes todo o necesario pola casa.
Precisaredes:

  • Un vasiño de iogurt 
  • Algodón
  • Unha semente: lentella, faba...
Poñedes o algodón no fondo do recipiente, no medio deixades a semente e logo botadeslle unha pouquiña de auga. Agora é moi importante que o deixedes nun sitio soleado. Ah! Case me esquecía, tamén necesitades moita paciencia para esperar a que a plantiña medre!!!


A paciencia é moi díficil de conseguir, como veredes neste conto o señor Luís tiña moi pouca... 


Hoxe é xoves, e no voso horario xa sabedes que os xoves tedes inglés. Así que hoxe rematamos con un vídeo en inglés para que poidades ir de paseo, pero...ollo! Sen saír da casa!



Ata mañá!! E xa sabedes que se queredes contarme algo podedes escribirme nos comentarios!!





mércores, 25 de marzo de 2020

Os retos

Bos días a tod@s!

Que vos pareceron as actividades de onte? Espero que vos gustaran e vos fixeran pasar un anaco divertido.

Hoxe imos comezar con outro conto que ao mellor tedes esquecido Por cuatro esquinitas de nada. Recordádelo?



Como vedes, sempre se pode atopar unha solución! Non importa o diferentes que sexamos ou os problemas que nos arrodeen.

Hoxe propóñovos un par de retos:

  • A lista: escribide nunha lista cousas que teñan forma de círculo e cousas que teñan forma de cadrado. A ver cantas sodes quen de atopar! Tamén podedes facer unha competición coa vosa familia... quen atopou máis ao final do día?


  • A búsqueda do triángulo: fotografiade cousas que teñan forma de triángulo. Os triángulos son uns seres moi difíciles de atopar!! Se tedes a sorte de atopar algún e vos animades podedes subir as fotos a esta carpeta: carpeta triángulos (pedídelle axuda a mamá ou papá para isto. É moi fácil, so tedes que abrir a carpeta no ordenador premendo no enlace e arrastrar a ela a foto que queirades compartir. Na nosa casa atopamos triángulos agochados entre os queixiños!)

Estades a lavar ben as mans? Aquí vos deixo unha canción para amenizar o asunto e de paso aprender o nome dos dedos.


Agardo que pasedes un bo día!


martes, 24 de marzo de 2020

Probando, probando...


Ola, familias!

Xa hai uns días que non nos vemos! Que tal o estades pasando? 

Eu acórdome todos os días de vós e por iso, xunto coa miña filla, argallei este blogue, para poder compartirvos un montón de actividades e que poidamos seguir aprendendo na distancia.  Espero que vos guste moito!!

Hoxe ímolo inaugurar con un conto. O protagonista é un carteiro que reparte cartas, xa sabedes que as cartas tamén nos serven para comunicarnos cando estamos lonxe. Escribístedes algunha nestes días?

Premento no enlace podedes ver o conto:



Cando rematedes de escoitar e ver o conto tranquilamente podedes facer un debuxo, poñerlle o título e corolealo ben bonito, como sabedes vós!

Logo, coa axuda dos vosos papis e mamis, podedes intentar facer unha casiña-sobre como a que aparece ao final do conto. Usade a vosa imaxinación, seguro que vos queda fantástica!



Podedes ir gardando todos estes traballiños nunha carpeta e vémolos á volta! Se vos apetece tamén podedes compartir as fotos polo grupo ou comentar algo aquí abaixo!!

Despois de facer todo isto podedes relaxarvos un pouco co vídeo de yoga que xa coñecedes. Seguro que mamá e papá non saben como facer a postura da bolboreta nin o saúdo ao sol... a ver se con isto aprenden!


Bueno, creo que por hoxe xa está ben. Agardo as vosas respostas!

Recordade que hai que quedar na casa, lavar as mans e portarnos súperben!