xoves, 26 de marzo de 2020

Chegou a primavera!

Ola, azulit@s!

Seguro que xa sabedes que o pasado venres comezou a primavera. Canto nos tardaba que chegara para que os días se fixeran máis longos e os campos se empezasen a encher de flores! Agora, durante un tempo vamos ter que vela dende a ventá e algún afortunado ata igual ten un pequeno xardín. Pero eses ánimos arriba eh! A recibila cun bo rock&roll!



Recordades que os últimos días estabamos pensando na nova decoración da porta da nosa aula? Pois hoxe ocorréuseme que cada un de vós pode facer na casa o que máis lle guste: flores, bolboretas, paxariños... o que queirades, pero ten que ser grande e bonito! Cando volvamos ao cole xuntámolo todo e enchemos de primavera a nosa porta!

Xa que na primavera nacen as flores invitovos a que criedes a vosa plantiña. Xa sabedes que as plantas precisan luz, auga e nutrientes para vivir. Isto é moi fácil e seguro que tedes todo o necesario pola casa.
Precisaredes:

  • Un vasiño de iogurt 
  • Algodón
  • Unha semente: lentella, faba...
Poñedes o algodón no fondo do recipiente, no medio deixades a semente e logo botadeslle unha pouquiña de auga. Agora é moi importante que o deixedes nun sitio soleado. Ah! Case me esquecía, tamén necesitades moita paciencia para esperar a que a plantiña medre!!!


A paciencia é moi díficil de conseguir, como veredes neste conto o señor Luís tiña moi pouca... 


Hoxe é xoves, e no voso horario xa sabedes que os xoves tedes inglés. Así que hoxe rematamos con un vídeo en inglés para que poidades ir de paseo, pero...ollo! Sen saír da casa!



Ata mañá!! E xa sabedes que se queredes contarme algo podedes escribirme nos comentarios!!





7 comentarios:

  1. Pepu qué bonito!!!! Nos ponemos con ello!!!!

    ResponderEliminar
  2. Muy bonito pepu!! Nerea se pone ahora manos a la obra para decorar la puertA!! A nayrA tmb le ha gustado porque ha recordado que cuando estaba en infantil tmb le pusieron esa canción de ingles y la canción de la primavera ya llegó y aún se acordaba de la letra!!!

    ResponderEliminar
  3. Respostas
    1. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
    2. Canto me alegra ler iso! Moito ánimo que ti tes que coidarte para coidarnos.
      Desexo que Manuel siga pasandoo ben con este invento

      Eliminar