Bos días a tod@s!
Que vos pareceron as actividades de onte? Espero que vos gustaran e vos fixeran pasar un anaco divertido.
Hoxe imos comezar con outro conto que ao mellor tedes esquecido Por cuatro esquinitas de nada. Recordádelo?
Como vedes, sempre se pode atopar unha solución! Non importa o diferentes que sexamos ou os problemas que nos arrodeen.
Hoxe propóñovos un par de retos:
- A lista: escribide nunha lista cousas que teñan forma de círculo e cousas que teñan forma de cadrado. A ver cantas sodes quen de atopar! Tamén podedes facer unha competición coa vosa familia... quen atopou máis ao final do día?
- A búsqueda do triángulo: fotografiade cousas que teñan forma de triángulo. Os triángulos son uns seres moi difíciles de atopar!! Se tedes a sorte de atopar algún e vos animades podedes subir as fotos a esta carpeta: carpeta triángulos (pedídelle axuda a mamá ou papá para isto. É moi fácil, so tedes que abrir a carpeta no ordenador premendo no enlace e arrastrar a ela a foto que queirades compartir. Na nosa casa atopamos triángulos agochados entre os queixiños!)
Estades a lavar ben as mans? Aquí vos deixo unha canción para amenizar o asunto e de paso aprender o nome dos dedos.
Agardo que pasedes un bo día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario