Ola, familias!
Xa hai uns días que non nos vemos! Que tal o estades pasando?
Eu acórdome todos os días de vós e por iso, xunto coa miña filla, argallei este blogue, para poder compartirvos un montón de actividades e que poidamos seguir aprendendo na distancia. Espero que vos guste moito!!
Hoxe ímolo inaugurar con un conto. O protagonista é un carteiro que reparte cartas, xa sabedes que as cartas tamén nos serven para comunicarnos cando estamos lonxe. Escribístedes algunha nestes días?
Cando rematedes de escoitar e ver o conto tranquilamente podedes facer un debuxo, poñerlle o título e corolealo ben bonito, como sabedes vós!
Logo, coa axuda dos vosos papis e mamis, podedes intentar facer unha casiña-sobre como a que aparece ao final do conto. Usade a vosa imaxinación, seguro que vos queda fantástica!
Podedes ir gardando todos estes traballiños nunha carpeta e vémolos á volta! Se vos apetece tamén podedes compartir as fotos polo grupo ou comentar algo aquí abaixo!!
Despois de facer todo isto podedes relaxarvos un pouco co vídeo de yoga que xa coñecedes. Seguro que mamá e papá non saben como facer a postura da bolboreta nin o saúdo ao sol... a ver se con isto aprenden!
Bueno, creo que por hoxe xa está ben. Agardo as vosas respostas!
Recordade que hai que quedar na casa, lavar as mans e portarnos súperben!
Moi boa iniciativa! Xabi esta encantado!
ResponderEliminarMoitas gracias!Intentaremos propoñer cousas novas cada día!
ResponderEliminar