Ola chic@s!
Hoxe é luns e o que máis vos gusta do luns é... a clase de Educación Física con Mari Paz! A que si? Bueno pois para compensar déixovos un video cunhas actividades, pero hai que pedir axuda a mamá ou a papá para facelo e ademáis ter cuidadiño de non molestar os veciños.
Bueno, xa levamos moitos días sen facer a asamblea recordades? Quen será o encargado hoxe? Pois si! Cada un na súa casiña!
Para que recordedes o conto dos ovos, os animaliños e todo iso... Hoxe mándovos a historia daquela galiña que non poñía ovos! Agora xa podedes compartila ca vosa familia para que eles tamén a coñezan.
Xa tiñades ganas de volver a ver conto a que si?
Agora toca traballar un poquiño. Eu propóñovos 2 actividades:
- A primeira escribir o voso nome e apelidos nun folio. En letra enganchada porque xa temos que ir aprendendo e recordade a primeira letra con maiúscula.
- Despois podededes escribir o nome de todos os días da semana e ó seu lado o número de letras que ten cada día e... que vos parece se arrodeamos o máis longo? Ten que quedar ben chuli!
Bueno para rematar un conto para escoitar e debuxar. Xa sabedes que a min me gustan moito e este tamén vos vai gustar a vós, porque cantan e tendes que participar como cando o facemos na nosa aula. Titúlase Awi y el mar e seguro que vos apetece facer un bonito debuxo cos personaxes... poñédelles o nome!
Veña campeóns e campeonas! Moito ánimo e portádevos moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario