venres, 3 de abril de 2020

Emocións e excursións

Bo día chic@s:

 Pasiño a pasiño, sen saír da casa, chegamos ó venres. Como estamos de fin de semana podemos facer unha pequena excursión, non?

Recordades cando íamos cazar un oso?? Imos logo, preparade a mochila e a merenda que arrancamos!



Ala, xa nos aireamos un pouco! Agora...dispostos a traballar? Quen dixo que non?? Non me vale, un pouco si.

Ademais repartimos as actividades para varios días. Hoxe tedes que:
  • Debuxar nun papel cada obstáculo co que se atopan estes nenos. Tedes que escribir tamén o nome (herba, lameira...). Logo deixades cada papel nunha parte da vosa casa e cada vez que pasedes por alí tedes que facer os sons e os movementos que fan os nenos para esquivar ese obstáculo. Como se esa parte da casa fose unha parte do camiño!
  • Aquí tedes tamén a canción por se preferides ir cantando. Nós cantámola en galego, pero así non hai vídeo, polo que vola deixo en castelán que non hai problema!

Agora imos coas letras! Temos que pensar e  escribir 5 palabras que comencen por T, R e N(o mesmo que fixemos o martes, colocadas en columnas). 

Seguro que con tantos días na casa descubrístedes todas a emocións que coñecemos, ledicia, tristeza, ira, calma... e algunha máis. Aquí vos deixo unha canción ben bonita! Xa a coñecedes, pero esta... ten sorpresa!


Pois ahora que vístedes moitas emocións, podedes debuxar algo nun papel... peeeerooooo... so podedes empregar a cor que se asocia a como vos sentides hoxe! Encantaríame ver os resultados!

Para rematar, unha manualidade de Pascua. O cestiño que estabamos a facer quedou no cole sen rematar... Que mágoa! Pero ca  axuda de mamá ou papá seguro que este coelliño sae ben! Soamente precisades papel, tesoiras e un rotula.



A vindeira semana teriamos  vacacións... Así que non poñerei actividades, aínda que si aparecerá no blog algunha sorpresa que espero vos agrade!!

Un abrazo moi forte para tod@s, traballade moito e así haberá premio!!

 Un bico grande muaaaccc!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario