Bo día, nenos e nenas:
Hoxe é luns e comezamos unha nova semana e polo tanto un montón de novas aventuras!!
Como o último día falamos dos insectos imos a empezar con un conto que tamén trata destes bechos. Atentos!! Te quiero casi siempre
Que vos pareceu o conto? Bonito? Pois o mesmo que lles pasa a Lolo e a Rita seguro que a vós tamén vos pasa cos vosos amigos e amigas. Unhas veces enfadámonos e outras querémonos un montón porque tod@s somos diferentes.
Como hai moitos días que nos vedes aos compañeiros e compañeiras de clase... imos recordalos a tod@s .
- Primeiro podedes escribir o voso nome e logo seguir con tódolos demais. Recordade que a primeira letra e con maiúscula!
- Cando rematedes de escribir contades cantos nenos e cantas nenas hai e despois sumades. Deixovos un modelo de ficha por se a necesitades. Tedes que premer no seguinte enlace para velo: Ficha compis
- E para rematar, pola parte de atrás do folio debuxades a dous amigos ou amigas cos seus nomes, fácil! A que sí??
Como hoxe e luns teriades Educación Física así que vos deixo aquí abaixo a dirección do blogue da profe Mari Paz para que intentedes facer as actividades que ela vos propón.
Moitos bicos e ata mañá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario