Ola a tod@s
Imos aproveitar estes
días de vacacións para contar a “viaxe” que os nenos e nenas de 6º de Infantil
fixemos polo Antigo Exipto.
Si, viaxamos ata alí coa
axuda das familias do alumnado que colaboraron aportando libros, contos,
información, manualidades e moitas cousas máis para facelo todo ben bonito e
sinxelo.
Aprendemos que Exipto
está situado no continente africano, rodeado polo mar Rojo e o mar
Mediterráneo. Sitúase en pleno deserto, pero resulta que o atravesa o gran río
Nilo, que era coma unha gran rúa para o comercio e a vida no país. As “falúas”
eran daquela o medio de transporte máis importante e este río estaba cheíño de
crocodilos e outros animais salvaxes.
Visitamos a gran
planicie de Gizeh cas súas grandes pirámides onde descubrimos que se enterraban
os faraóns e as súas familias. Para iso convertíanos
en momias, mediante un proceso moi longo e custoso.
Nós tamén transformamos ó
noso compañeiro Leo en toda unha momia e todos probamos o gran sartego que
tiñamos na aula .
Fixemos pirámides de todo tipo: debuxadas, con bolas de plasti e pauiños, pintadas con pintura epurpurina e ata cosimos!!
Alí moi preto tamén se
atopa a Gran Esfinxe con cabeza de faraón e corpo de león, pero non fomos
capaces de atoparlle o seu nariz perdido.
Coñecemos algúns dos
deuses e deusas de tantos como había: Ra, Isis, Osiris, Seth, Anubis… e o gran
Horus!! Con toda a lenda do seu ollo perdido que posteriormente sería un dos
amuletos mais importantes para os exipcios.
Outros amuletos
importantes no Antigo Exipto eran o escaravello, o Ank, a cobra e sobre todo o gato. O gato alí era
un animal moi querido porque significaba protección… pobre do que lle fixera
mal a un gato!
Con café convertemos os
nosos folios en papiros e debuxamos os signos cos que eles escribían… foi ben
difícil! Escribir daquela maneira si que era complicado.
E para rematar este
proxecto disfrazámonos de faraóns e raíñas
de Exipto co “Nemes” na cabeza, as coroas
de raíñas e non faltaron unhas bonitas xoias para adornarnos.
Isto só e un anaquiño de
todo o que traballamos, esperamos que vos guste e que moi rapidiño poidamos
volver a estar xuntos, pero polo momento . quedamos tod@s na casa e so viaxamos
coa nosa imaxinación, que xa sabedes que nos pode levar moi moi lonxe…
Pepu,Leo te manda una carita sonriente,(jajajaja)Le gustó mucho volver a ver Egipto y a todos sus compañeros.
ResponderEliminarGracias, sabía que sería un "regalo" para ellos en estos momentos
EliminarCuidarse
¡un besito!!