Bo día:
Hoxe empeza abril, pero nós temos que seguir na casiña. Entón para facelo máis levadeiro vamos empezar cun conto.
Neste conto hai unha lúa e moitos animais... Sabedes xa de que conto falo??? PoIs si, ese mesmo!
Ben, pois agora imos investigar:
- Primeiro imos contar cantos animais aparecen no conto,. Cantos hai? Cal é o máis grande? Cal é o máis pequeno? Que come cada un? Cantas patas teñen?
- Agora collemos un folio e dividímolo en catro partes (non fai falta cortalo). En cada parte imos debuxar un animal. Tedes que escoller os catro que máis vos gustan e poñer o seu nome.
- Finalmente podemos facer un xogo. Tedes que imitar ós animais (solo con xestos eh!) e a vosa familia ten que adiviñar de que animal se trata!
Moi ben! Xa chegamos á canción!! Moi atentos para aprendela!!
Rematamos cantando e contando, unha canción cos números ata o 20, venga azulit@s a contar e aprender eses números!
Recordade que se queredes contarme vós algo podedes escribirme nos comentarios!
Ata mañááá, bicos e sede boíños!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario