Bo día nen@s!!
Como estades? Que tal pasastedes esta semana?
Supoño que na casiña coma min!!
Como eran vacacións non vos mandei actividades, pero ahora imos volver a empezar de novo. Un pouquiño cada día.
Non sei se escoitastedes que onte luns 13 de abril foi o Día Internacional do Bico, asique escollín este conto que creo que nunca contamos... a ver se vos gusta!
Non sei se escoitastedes que onte luns 13 de abril foi o Día Internacional do Bico, asique escollín este conto que creo que nunca contamos... a ver se vos gusta!
Que vos pareceu o conto? Está guai?!
Nunca pensamos na cor dos bicos, pero xa vedes que podemos xogar ca nosa imaxinación.
Ahora xa sabedes que tocan as actividades:
- Imos buscar pola casa cousas que teñan as cores das que fala o conto... a ver quen atopa máis!
- Escribir o nome de cada cor que aparece no conto, podedes escribilos coa cor que corresponde e debuxar unha cousa que sexa desa cor, pero non vale a mesma que a do conto! A pensar eh!
- E por último facer un gran arco da vella con todas as cores.
Como hoxe é martes, día no que nace a serpe, toca música así que unha canción! La casita de las notas
Isto é todo por hoxe! Mañá máis e mellor!!!
Un chuchiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario