xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro

Bo día:

Hoxe, 2 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Celébrase neste día porque coincide co nacemento dun gran escritor de contos: Hans Christian Andersen.

Pois que mellor para celebralo que escoitar un conto que xa coñecedes todos e todas porque o limos cando erades máis pequerrechos. Estou segura de que vos acordades moi ben.



A que si que o recordabades?? 

Coma sempre agora tócanos traballar un pouquiño:

  • Primeiro: propoño debuxar o ovo ben grande, para depois convertilo en rato, poñéndolle todas as partes que di o conto.
  • Segundo: debuxarse cada un a si mesmo e ver as diferenzas entre o rato e a persoa. Os debuxos grandes eh! Recordade o que vos digo sempre "sen medo".
  • Terceiro: xa que o conto vai para adiante e para atrás, nós imos facer iso pero cos números. Primeiro escribímolos do 1 ata o 10 , e despois hacia atrás  do 10 ata o 1. Pobre do que os faga o revés!!!

E como é xoves toca inglés así que seguimos cos números para adiante e os números para atrás en inglés sabédelos tamén ou é un pouco máis difícil?


Por último tedes a misión de axudarlle a este ratiño a explotar os globos do color que vos manda. A ver cantos puntos conseguides, xa me contaredes!


Creo que por hoxe xa vai ben! Ata mañá, chic@s!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario