Hoxe xa é xoves 21 de maio. Como estades? Espero que moi "happy" e se non deixovos esta canción das emocións en inglés para que me digades!
Agora seguimos repasando cousiñas que vimos e entre elas está un conto que... penso que vos gustou moito a todos e a todas. Déixovos unha pista: Patín, patán, patón!!
Vaia vaia que listiños foron os tres chibos!!
Hoxe imos facer algo moi sinxelo:
- Escribimos e rotulamos o título do conto
- Facemos un súper debuxo con tódalas persoaxes que aparecen, ata a ponte! E ben coloreado!!!
- Cando estea listo pedimos a un adulto que lle faga uns trazos para recortar (Iso mesmo, convertímolo en puzzle) e despois pegamos a pezas noutro folio (mellor se é de cor) ben xuntiñas para volver a compoñelo. Deixo modelo da actividade. Modelo actividade
Ata mañá! Sede boíños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario