Bo día:
Chegamos ó martes, 26 de maio.
Xa sabedes que os martes son os días máis musicais na nosa aula así que hoxe comezamos cunha canción, pero ollo! Estade moi atentos porque despois imos traballar!!
Vos comedes froita? Como nos dicen na canción é moi, moi importante na nosa alimentación. Así que imos ver cantas cousas sabedes das froitas, preparados?
Actividades para hoxe:
- Mirar no froiteiro da vosa casa que froitas hai? Cantas? Que cores teñen? Cales son máis pequenas? Que forma teñen?
- Escribir e rotular o título da canción.
- Numerar e escribir 10 nomes de froitas. Despois elixides 3 para debuxar, as que máis vos gusten. Deixo un modelo da actividade: Modelo actividade
- E para rematar estas actividades, que vos parece se hoxe facedes un postre ou unha merenda con froita? Zume, macedonia, brocheta... Mmmm que rico!!!
E agora déixovos co blogue da profe Noelia!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario