martes, 5 de maio de 2020

Galiñas!!

Bo día:

Quen ven despois do luns? E antes do mércores? 
Entón hoxe é .....  espero que o saibades.


Recordades este mural que puxemos na nosa aula?
Seguro que si. Pois entón vou deixarvos o seu conto que se titula Las 10 gallinas para que o escoitedes e despois fagades algunha actividade entretenida.


Que bonito!
O que vos propoño para este conto é:

  • Contar as galiñas cara adiante e cara atrás.
  • Escribir o título do conto.
  • Enumerar as galiñas e ó ladiño poñer o nome da cor de cada unha. 
  • Facer un debuxo do conto ben colorido. Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade.
  • E para rematar, convídovos a  facer unha galiña ou... varias, utilizando a silueta da vosa man. Só precisades: folios de cores (se non tedes podedes usar brancos e pintalos), tesoiras, pegamento e se tedes un pauiño ou unha palla para facer unha marioneta con ela.  


 Hoxe é o día musical, déixovos o enlace do blogue da pofe Noelia para que o pasedes chupi guay !

                                   Blog de música


Pasade un bo día!!! 
Ata mañá!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario