Bo día:
Como estades?
Xa estamos empezando unha nova semana!
Hoxe, luns 11 de maio, imos empezar logo cun conto-canción que cantamos moitas veces, sobre todo cando erades máis pequerrechos. A ver se recordades.
Hoxe, luns 11 de maio, imos empezar logo cun conto-canción que cantamos moitas veces, sobre todo cando erades máis pequerrechos. A ver se recordades.
Crocodilo da colección Do berce a lúa.
Como este conto é moi faciliño as actividades que vos propoño tamén o van a ser, preparados?
- Escribir o título do conto
- Debuxar, colorear e escribir o nome dos obxetos do conto, na orde na que van aparecendo. Deixo un modelo da actividade. Modelo actividade
- A última actividade que podedes facer sería rasgar pedaciños de papeis de cores e cunha palliña movelos de un sitio a outro, pero non soplando! Trátase de aspirar. Coller o papeliño e metelo na caixa por exemplo.
Como deciamos que é luns, déixovos o enlace do blogue da profe Mari Paz para que fagades psicomotricidade cando vos apeteza.
Pasádeo ben e sede boiños!!
Ata mañá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario