Como estades? Despois das Letras Galegas e dun luns de descanso comezamos a semana en martes e ímolo facer dunha maneira moi colorida e... Enorme!
Adiviñades quen é a persoaxe deste conto? É enorme e de mil cores!
Pois si, o amigo Elmer que sempre está buscando aventuras para que os nenos e nenas o pasen ben.
Despois de ver e escoitar a este colorido elefante traballamos un pouquiño.
- Escribimos e rotulamos o título do conto
- Cantas cores diferentes ten Elmer? A contar! O segundo paso é escribir os números e as cores do elefante e ó lado podedes debuxar e decorar un elefante diferente (cores, formas, debuxos ..). Deixo un modelo para a actividade. Modelo actividade
- E por último... unha manualidade de elefante para soprar, a súa trompa estírase e encollese. É moi sinxelo solo precisades: un folio de cor, unha palliña, tesoiras, pegamento e coma sempre a axuda dun adulto. Atención ó video que vos deixo
E hoxe música! A profe Noelia preparou moitas actividades para que poidades pasar un rato divertido.
Por hoxe xa está ben! Maña máis cousiñas!
Un bico, sede boiños!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario