venres, 5 de xuño de 2020

Día do medio ambiente

Bo día:


Venres 5 de xuño!! 
Hoxe celébrase o Día do medio ambiente, vós sabedes que temos que coidar o noso planeta porque senón as consecuencias van ser moi malas e non teremos onde vivir!
Imos ver e escoitar un conto moi especial que nos vai falar dese tema. Os animais  tamén o pasan moi mal cando non se cuida o noso medio. Rana de tres ojos



Que problema tan grande imos ter se non coidamos os nosos ríos, mares, campos... Pero eu sei que vós sodes moi coidadosos e vades axudar a que esto mellore.
Xa que temos a finde por diante déixovos varias actividades.

  • Primeiro investigamos un pouco sobre as rás. Cómo nacen? Onde viven? Que comen? Que é eso de ser anfibios?...
  • Ides a debuxar e por o nome da rá e dos amigos que lle axudan a limpar o río. Deixo un modelo de actividade. Modelo actividade
  • Para rematar, unha manualidade-xogo. Sí, unha rá que caza moscas porque  lle encantan. So precisades: un rolo de papel hixienico baleiro, pintura, ceras  ou folios de cores, rotulas, un pedaciño de fio ou lá e coma sempre, a axuda dun adulto.

E finalizamos a semana cunha canción para recordar que debemos cuidar e protexer o noso planeta.




Chicos e chicas que non se nos olvide nunca,  o planeta depende de todos nós. Imos a coidalo tódolos días!
Unha aperta moi forte!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario