venres, 19 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN

BO DÍA:


VENRES 19 DE XUÑO.
PASIÑO A PASIÑO CHEGAMOS O FINAL DESTE CURSO QUE COMA TODAS AS BOAS AVENTURAS TEN QUE REMATAR.
ESPERO QUE GARDEDES BOS RECORDOS DESTE PASO POR INFANTIL, AGORA TEDES QUE DISFRUTAR DO VERÁN E RECARGAR PILAS  PARA COMEZAR UNHA NOVA AVENTURA EN SETEMBRO. DAQUELA XA SEREDES CHICOS E CHICAS DE PRIMEIRO.


MOITA SORTE E MOITAS GRAZAS A VÓS E AS VOSAS FAMILIAS POR ACOMPAÑARME ESTES ÚLTIMOS 3 ANOS.
A HISTORIA  QUE DEIXO HOXE É REAL E TEN PROTAGONISTAS COÑECIDOS, XA VEREDES!!
ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMO A MIN E APROVEITO PARA DARLLE AS GRAZAS A LUCÍA POSTO QUE SEN ELA ESTA MONTAXE NON SERÍA POSIBLE.


ATA SEMPRE

xoves, 18 de xuño de 2020

MARA

BO DÍA:

XOVES, 18 DE XUÑO.
QUE POUQUIÑO FALTA PARA REMATAR ESTE CURSO TAN RARO. HOXE DÉIXOVOS UN CONTO PARA QUE PASEDES UN RATIÑO DIVERTIDO.
ORELLAS DE BOLBORETA



PERO QUE MAL SE PORTABAN OS NENOS CON MARA! VÓS SABEDES QUE ISO NON SE DEBE FACER!

AGORA XOGAMOS!!




 E PARA REMATAR CANTAMOS EN INGLÉS


NADA MÁIS POR HOXE!!
BICOS ENORMES!!

mércores, 17 de xuño de 2020

ORUGAS

BO DÍA:

CHEGAMOS Ó MÉRCORES, 17 DE XUÑO.
POIS HOXE TOCA UN CONTO QUE TODOS E TODAS COÑECEDES E CO QUE APRENDEMOS COMO NACE UNHA BOLBORETA.
LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA



REPASAMOS OS DÍAS DA SEMANA, O NOME DAS FROITAS E VEMOS COMO UN PEQUENO OVO SE CONVIRTE EN BOLBORETA.

AGORA IMOS SUMAR E RESTAR



E SE QUEREDES FACER UNHA ORUGA COMA DO CONTO AÍ VOS DEIXO UNHA MOI SINXELA: CORTAR TIRAS DE PAPEL E ENVOLVELAS, PEGAR E FACERLLE A FOLLIÑA!!

E REMATAMOS CANTANDO !!!

OS NOSOS RATIÑOS QUEDARON BEN GARDADOS PARA QUE NON OS COMA  NINGÚN GATO!!

BICOS A TOD@S!!!

martes, 16 de xuño de 2020

É HORA!!

BO DÍA:

HOXE MARTES, 16 DE XUÑO.
DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN PARA IR APRENDENDO AS HORAS DO RELOXO, BUENO... DE  SEGURO QUE ALGÚNS E ALGUNHAS XA AS SABEDES.
LA CANCIÓN DE LAS HORAS



AGORA IMOS SEGUIR PRACTICANDO CUN XOGO. MOITA ATENCIÓN.


E POR ÚLTIMO, SE VOS APETECE PODEDES CONSTRUÍR UN RELOXO PARA IR APRENDENDO BEN AS HORAS. É MOI SINXELO, DEIXO UN MODELO POR SE O NECESITADES: MODELO DE RELOXO
DECORADES O MODELO,  RECORTADES, PEGADES EN CARTOLINA OU CARTÓN POÑEDES UN ENCUADERNADOR NAS AGULLAS PARA QUE SE MOVAN  E LISTO!!
XA TEMOS  UN RELOXO TIC, TAC, TIC,TAC!!

A VER QUE CHULOS QUEDAN!!
BICOS!!

luns, 15 de xuño de 2020

FLAMENCO

BO DÍA:


LUNS, 15 DE XUÑO.
COMEZAMOS A ÚLTIMA SEMANA DE "COLE" E IMOS ARRANCAR CUN CONTO QUE ESPERO VOS GUSTE. 
A LANCHIÑA DO FLAMENCO
AXUDÁDELLE A CONTAR Ó FLAMENCO!!


AGORA SE VOS ANIMADES PODEDES FACER UNHA TARXETA CON FORMA DE FLAMENCO. 
PRECISADES: FOLIOS OU CARTOLINA ROSA, TESOIRAS,  PEGAMENTO E... A AXUDA DUN ADULTO.


QUE VOS PARECE SI AGORA FACEMOS UNS PUZZLES?

PUZZLES


E HOXE REMATAMOS CUN POUCO DE IOGA 
LA LOCOMOTORA VALIENTE


CHICOS,CHICAS ESPERO QUE CON ESTA LETRA TOD@S PODADES LER SOÍÑOS!!

BICOS!!

domingo, 14 de xuño de 2020

Felicidades Nycole

BO DÍA:

HOXE É DOMINGO, 14 DE XUÑO.



SABEDES? HOXE É O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA NYCOLE, ASÍ QUE IMOS A FELICITALA  CUNHA CANCIÓN PARA QUE PASE UN FELIZ E BONITO DÍA DE CUMPLE.


PARABÉNS NYCOLE!!!
FELIZ DOMINGO A TOD@S!

venres, 12 de xuño de 2020

O tren

Bo día:

Hoxe é venres 12 de xuño e imos facer unha "viaxe" en  tren. Vaia... non podemos! Pero... cantar sí que podemos así que vamos todos e todas a cantar: Viajar en tren



Agora uns xogos, moi atentos!!





E como entramos na finde, déixovos unha manualidade. Un gran tren, por se vos apetece construílo. É moi sinxelo, só precisades: folios de cores, tesoiras e a axuda dun adulto. Podedes facer as pezas  soltas (vagóns, rodas, máquina) para montar e desmontar e despois de feito pois a cargalo con diferentes cousas!



Nada máis por esta semana!
O luns máis cousiñas!!